Finaliza a poxa do Páramo cun prezo medio de 3.260 euros

Finaliza a poxa do Páramo cun prezo medio de 3.260 euros

A poxa de gando frisón celebrada este sábado no Campo da Feira do Páramo, organizada por Africor Lugo, concluíu cun volume de negocio total de 48.900 euros.

O evento contou coa posta en venda de 15 exemplares de alta calidade, procedentes de ganderías de distintos puntos da provincia de Lugo: as locais Quintián e Casa Queiroga; as sarrianas Tío Andrés, Casa Fontes e Lacpi; San Vicente, de Chantada; Jose das Rozas, da Pastoriza; e Granja Grilo, de Bóveda.

Vendéronse todos os animais presentados, acadando un prezo medio de 3.260 euros e a poxa máis alta levouna Quintian Lucid 5734 Alfa Red, da gandería Quintian, por un valor de 4.350 euros, adquirida pola gandería Pena Guisande.

A poxa foi posible grazas á colaboración da Consellería do Medio Rural, Xenética Fontao, Caixa Rural e o Concello do Páramo.