Este xoves celébrase en Zaragoza o Foro Lácteo promovido por Vaca Pinta e Figan

Este xoves celébrase en Zaragoza o Foro Lácteo promovido por Vaca Pinta e Figan

No marco da Feira Internacional de Gandería (Figan) que transcorre estes días en Zaragoza, terá lugar este xoves un Foro Lácteo impulsado por Vaca Pinta e a propia Feira.

O encontro desenvolverase no Espazo Forum-Pabillón 9 e reunirá a expertos, produtores, distribuidores e representantes da industria para analizar as tendencias e desafíos dun sector en constante evolución.

O Foro Lácteo comezará coa charla de Juan José Cerviño, director xeral da PAC e da cadea alimentaria da Xunta de Galicia, quen analizará a situación actual do sector lácteo en España.

A continuación, desenvolveranse diversas mesas redondas coa participación de expertos en dixitalización, xenética, nutrición e sostibilidade. Empresas como DeLaval, Gea, Lely, Xenética Fontao, Ascol Genetics e Aberekein debaterán sobre as últimas innovacións tecnolóxicas e xenéticas aplicadas á produción leiteira.

Tamén se tratarán aspectos fundamentais como a nutrición e a calidade do forraxes, coa intervención de especialistas de Alfalfas Olloqui e Gandería Agripurza.

Na sesión da tarde, poñerase o foco na produción eficiente e na sostibilidade medioambiental, coa participación de expertos do CIFP La Granja, a Universidade de Santiago de Compostela, Nutreco e Provacuno.

Ademais, analizarase a evolución da demanda de produtos lácteos con representantes de Leche Pascual, Covap, Entrepinares e Inlac.

A xornada finalizará cun debate sobre a valorización do leite, con ponentes de Eilza, APLTA-USC e Planillo Holstein, seguido dunha cata de queixos a modo de clausura.

O equipo de Vaca Pinta atópase dende este martes na Feira e, como é habitual, contamos cun stand propio. Estamos no pavillón 6, stand 045, para atendervos e resolver calquera dúbida que teñades. ¡Agardámosvos!