H. Tobias AM Solomon Adena, gran campiona de xovencas en Swiss Expo

H. Tobias AM Solomon Adena, gran campiona de xovencas en Swiss Expo

 

H. Tobias AM Solomon Adena, copropiedade de Alberto Medina, Planillo Holstein e Huerta Los Tobías, acaba de proclamarse xovenca gran campioa do concurso Swiss Expo que se está celebrando en Xinebra.

O resto de animais da representación española están a obter bos resultados. A maiores da referida gran campiona, a gandería barcelonesa El Campgran tivo unha primeira de sección, con Campgran Kerincy Deman, e un terceiro posto. Cudaña Holstein tamén colocou a un dos seus animais como cuarto de sección.