GEA e Bioprana anuncian o aplazamento do evento que tiñan previsto para o 7 de novembro en Ganadería Pastora, unha explotación equipada con 8 x DairyRobot R9600 GEA e que traballa co sistema de bacterias de Bioprana. A cita ía reunir ganderías de distintos puntos da península, cunha previsión de máis de 150 asistentes, co obxectivo de compartir experiencias e perspectivas de futuro sobre batch milking e descarbonización dun xeito próximo e práctico.
A pesar de que a comunidade galega está actualmente libre de casos de dermatose nodular contaxiosa e afastada dos focos detectados en Cataluña, os organizadores decidiron, nun acto de responsabilidade e compromiso co sector, pospoñer a celebración do evento ao 27 de febreiro de 2026.