O Goberno actualiza a normativa sobre o uso de proteínas animais en pensos

O Goberno actualiza a normativa sobre o uso de proteínas animais en pensos

O Goberno de España introduciu unha serie de modificacións para actualizar a normativa nacional á nova lexislación europea en materia de uso e transporte de pensos para a alimentación animal. 

O Real Decreto, aprobado no Consello de Ministros o pasado 21 de outubro, publicouse no Boletín Oficial do Estado (BOE) o sábado 8 de novembro. Permítense novas excepcións controladas no transporte de pensos con proteínas animais e refórzase o control de importacións de produtos de alimentación animal.

Os cambios introducidos afectan ao Real Decreto 496/2024, do 21 de maio, polo que se dictan disposicións relativas á alimentación de animais de granxa con determinados pensos de orixe animal, e do artigoo 13 do Real Decreto 629/2019 relativo aos puntos de entrada nacionais para a importación de pensos de orixe vexetal.

Coa modificación ddo primeiro, engadiuse unha excepción adicional á prohibición de alimentar animais de granxa non ruminante con proteínas derivadas doutros animais. 

Ademais, establécense os requisitos para que os transportes poidan acollerse a esas salvedades, entre as que se atopan a limpeza de vehículos en instalacións rexistradas pola autoridade competente, como fabricantes de pensos para mascotas. 

A segunda revisión introduce os novos requisitos establecidos aos puntos de entrada de produtos de orixe vexetal e tamén de produtos de orixe non animal destinados á alimentación animal. Así, regúlanse as instalacións de control oficial donde se descargan mercancías a granel, para asegurar condicións axeitadas. 

Igualmente actualízase o formato de documento necesario para realizar os controis na importación de mercancías de orixe non animal destinadas á alimentación animal procedentes de países terceiros.