Viaxamos ata o centro de Asturias, concretamente ao concello de Tineo, para coñecer o desenvolvemento deste centro piloto dedicado á cría de xatos frisóns co que se pretende estandarizar o seu crecemento, valorizar a súa venda e seguir investigando para a mellora do seu manexo no sector gandeiro. Cuco Nieto, director comercial de Campoastur, e Rubén López, veterinario de Campoastur e responsable técnico do centro Icore, cóntannos como xurdiu o proxecto e como se está desenvolvendo.