Xornada sobre xurros durante a feira Abanca Cimag-GandAgro 2019

Xornada sobre xurros durante a feira Abanca Cimag-GandAgro 2019

A Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandaría Abanca Cimag- GandAgro 2019, que celebrará a súa terceira edición do 21 ao 23 de febreiro na Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda, acaba de sumar unha xornada técnica máis á súa programación. Levará por título “Separación de xurros e o aproveitamento da fracción sólida para camas de vacún hixienizadas” e terá lugar tanto o primeiro día do certame pola mañá como o segundo pola tarde.

Organizada por Maquinaria Agrícola Corbar, abrirá a rolda de relatorios José Rodríguez López, representante desta empresa, cunha charla na cal se dará a coñecer un estudo relacionado coa maneira de xerar un 20 % menos de volume de xurros sen realizar emisións. O encargado de debullar este sistema, así como a nitrificación e desnitrificación na xestión dos xurros gandeiros, será José Turet (PDI da Universidade de Vic - Universidade Central de Barcelona).

Por último, Ramón Gea (Mecániques Segalés) describirá os equipos necesarios para este aproveitamento da fracción sólida como cama en cubículos e explicará as instalacións necesarias para unha planta N-DN.