A X conferencia anual do CPSU terá lugar o 24 de outubro en Póvoa de Varzim

A X conferencia anual do CPSU terá lugar o 24 de outubro en Póvoa de Varzim

O Conselho Português de Saúde do Úbere (CPSU) organiza a súa décima conferencia anual no hotel Axis Vermar Conference & Beach, en Póvoa de Varzim. O encontro celebrarase o venres 24 de outubro durante todo o día.

Tras o acto de apertura, Tiago Tavares impartirá unha charla sobre bioseguridade e o futuro da saúde do ubre. A continuación chega a quenda de Oriol Franquesa, cun relatorio centrado no estrés e na inmunidade. A mañá continúa tras unha pausa con outra exposición de Oriol Franquesa: desafíos nutricionais na saúde do ubre. Lorena Nodar falará despois das dinámicas de infección das mastites bovinas.

En horario de tarde seguen as conferencias con Tom Greenham, que afondará sobre os robots de muxido, e José Guilherme, coa charla "Un caso de suceso en pequenos ruminantes". Tom Greenham volverá a intervir ao final da xornada con outro relatorio sobre a eficiencia do muxido, na que explicará como analizar e optimizar a velocidade de muxido e a saúde do ubre. A conferencia rematará con comunicacións libres e unha sesión de clausura.