Do 4 ao 6 de xullo, celebrarase, no municipio pontevedrés de Lalín, a XL Feiradeza, tal e como confirmaron os concelleiros de Agricultura e de Medio Rural de Lalín, Avelino Souto e Marcos Mariño.
O evento conmemora catro décadas de existencia e presentarase proximamente "con varias novidades con respecto aos complementos agrícolas".
O recinto do Lalín Arena, acondicionado para a ocasión, albergará todas as actividades. Ademais dos tracionais concursos de raza frisona, a cita contará co certcame de manxo de tractores, que xa se organizou tamén en 2024.