Fieis á súa cita anual, a Asociación Internacional de Estudantes de Agricultura da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (IAAS-UTAD) de Vila Real (Portugal) celebrará os días 12 e 13 de marzo unha nova edición das Jornadas Internacionais de Bovinicultura. Esta vez, debido á situación sanitaria, as xornadas desenvolveranse integramente en liña.
Xunto co gando vacún, eixo central destas reunións, nesta ocasión abordarase tamén en profundidade a sustentabilidade do sector. Complementarán as charlas outras temáticas como o equipamento das explotacións, a actualización da lexislación, a necesidade de revalorización dos produtos, o benestar animal, o medicamento preventivo e o impacto ambiental que vai a asociado á produción de vacún.
Máis información e inscrición no evento en iaas.utad.pt