Lugo acollerá do 23 ao 26 de setembro a 63.ª Reunión Científica da Sociedade Española de Pastos

Lugo acollerá do 23 ao 26 de setembro a 63.ª Reunión Científica da Sociedade Española de Pastos

A Sociedade Española de Pastos organiza a súa 63.ª Reunión Científica do 23 ao 26 de setembro na cidade de Lugo. A maior parte das actividades programadas celebraranse no salón de actos da Escola Politécnica Superior (EPS) e, nesta ocasión, a temática principal centrarase nos pastos como elemento vertebrador dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Entre os colaboradores deste evento atópase Vaca Pinta.

O martes 23 de setembro terá lugar a benvida á reunión e a inauguración do evento polas autoridades. Ao longo da mañá e da tarde desenvolveranse diversos relatorios e sesións da man dun gran número de expertos. O mércores, ademais das charlas e mesas de debate, os asistentes gozarán en horario de tarde de visitas técnicas a diferentes localizacións. O xoves levaranse a cabo máis visitas técnicas durante todo o día e haberá unha cea de gala no Restaurante-Hotel Mercure Lugo. A xornada rematará o venres día 26 con máis conferencias e coloquios, ademais da entrega de premios e do acto de clausura.