Manuel Sandamil, novo presidente de Africor Lugo

Manuel Sandamil, novo presidente de Africor Lugo

Tras a renovación dos cargos da Xunta de Goberno, no día de onte quedou constituída a nova directiva de Africor lugo.

Manuel Sandamil Cabana, de SAT A Vereda (Castro de Rei), é o novo presidente da entidade. José Alberto Iglesia Vila, de SAT Rei de Miñotelo (A Pastoriza), foi elixido vicepresidente; María Castro López, de Portalousa SC (Xermade), secretaria; Gonzalo Balea Vázquez, de Callobro Holstein (Trabada), tesoureiro; Julio López Fernández, de Quintián (O Páramo), interventor; Fernando López Fernández, de Tío Andrés (Sarria), vogal 1º, e José Manuel Castro Núñez, de De Matías SC (Lugo), vogal 2º.