José Carlos Vega leva máis de 30 anos á fronte de empresas gandeiras e a súa xestión baséase en recoñecer a gandería como un negocio desde o primeiro día e en defender unha única estratexia: producir ao máis alto nivel.
Con esas premisas herdou a granxa dos seus pais e comprou nos últimos catro anos dúas explotacións máis. Mantén, xunto ao seu socio Martín Fernández, case 1.400 animais, cunhas 400 ha e un equipo de 19 traballadores.