A Consellería do Medio Rural organiza unha nova poxa pública de 58 animais vacúns de raza Rubia Galega criados no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Ciam). As transaccións realizaranse o 1 de xullo, ás 11:30 h, no salón de actos das instalacións da entidade.
Neste centro lévanse a cabo investigacións en materia de mellora xenética para a recuperación das aptitudes maternais desta raza. Do total de exemplares, poñeranse á venda corenta xovencas preñadas.
As inscricións para participar na poxa realizaranse a través da sede electrónica da Xunta. As persoas licitadoras interesadas tamén terán a oportunidade de visitar o Ciam con anterioridade, tanto o luns 30 pola mañá como o martes antes da poxa. O número de teléfono 881 881 806 está a disposición das persoas interesadas para resolver calquera dúbida.