Arzúa acolleu onte unha xornada formativa organizada pola Consellería do Medio Rural para demostrar o emprego de maquinaria destinada a reducir ou evitar fitosanitarios no cultivo do millo, con aplicación a outros cultivos. O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu á cita, que incluíu presentación de ensaios e demostracións en campo coa aixada rotativa arrastrada, a binadora e a gradilla de púas. Destacouse a importancia de intervir no momento de implantación das herbas non desexadas para mellorar a eficacia no seu control.