Naturleite entrega un segundo lote de 15.000 litros de leite ao Banco de Alimentos de Lugo

Naturleite entrega un segundo lote de 15.000 litros de leite ao Banco de Alimentos de Lugo

Naturleite fixo entrega na tarde de onte dun lote de 15.000 litros de leite ao Banco de Alimentos de Lugo para que cheguen ás familias máis desfavorecidas nesta crise. É a segunda vez que a empresa realiza unha donación deste tipo, neste caso, un total de 16 palés duns 900 litros cada un.

O equipo de Naturleite considera que “a situación de moitas familias é grave como consecuencia da pandemia que estamos vivindo e queríamos seguir aportando o noso gran de area. O noso xesto pode ser de grande axuda para aqueles que estean atravesando por un mal momento”.