Nova xornada sobre produción forraxeira en Santa Comba

Nova xornada sobre produción forraxeira en Santa Comba

Botica do Campo e Botica do Xallas organizan unha xornada sobre produción forraxeira en Santa Comba (A Coruña) coa colaboración de Fertiprado, Fertiberia TECH e Nanta. Será o 10 de abril de 2025, ás 10:30 horas, no auditorio municipal da localidade.

A cita iniciarase coa exposición "Normativa sobre unha fertilización sustentable", impartida por Javier Recarey, xefe de área na Oficina Agraria Comarcal de Carballo. A continuación, Teresa Blasco, neoforce pre sales en Fertiberia TECH Europa, centrará a súa conferencia nos microorganismos aplicados á agricultura do futuro.

Xusto despois será a quenda do director comercial e de márketing de Fertiprado, José Freire, quen afondará nas ferramentas da natureza para incrementar o rendemento das ganderías. Os relatorios finalizan con Manuel Rondón, director técnico de vacún leiteiro en Nutreco Animal Nutrition Iberia, que explicará o impacto da dixestibilidade das forraxes no custo de produción e no rendemento leiteiro. A segunda parte da xornada consistirá nunha visita ao campo de ensaio, para coñecelo de primeira man.

As prazas son limitadas, así que é necesario inscribirse con antelación. Para confirmar a asistencia, pódese contactar con Pepe Agra (687 515 197), de Botica do Xallas; con Miguel (610 221 404), de Botica do Campo; con Joel Presa (+351 936 222 301) ou Carlos Garrido (673 876 741), de Fertiprado; con Alexandre Paz (636 163 729), de Fertiberia TECH, ou con José Bonome (638 751 952) ou Fran Carnero (660 567 025), de Nanta.