Próxima xornada de mecanización da horta no CIAM

Próxima xornada de mecanización da horta no CIAM

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e a Oficina Agraria Comarcal de Carballo organizan a xornada demostrativa `Mecanización na horta´ que terá lugar o vindeiro xoves 13 de agosto nas instalacións do CIAM.

A cita comezará ás 10:00 horas cunha charla técnica dos equipos que se mostrarán no campo. A demostración da maquinaria será de 11:45 h a 14:00 h e poderán verse en acción unha conformadora dobre rotor, de Forigo; unha fresa invertida combinada con acolchadora, de Forigo; unha plantadora a cepellón sobre film de plástico, de Ferrari; unha sementadora mecánica a chorillo, de Ortomec; un cañón nebulizador de longo alcance, de Ideal Binadora mecánica Rotosark de Oliveraro, e unha trituradora/desfoliadora, de Forigo.

De 16:00 a 18:00 h repetiranse os ensaios para os asistentes que así o demanden.

Inscricións:  mecanizacionhorticola@gmail.com

Programa completo