A Xunta de Galicia publicou a actualización de 2025 do estudo das variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia, levado a cabo polo CIAM. O obxectivo desta iniciativa é avaliar o rendemento e a calidade das variedades máis utilizadas en Galicia, así coma outras que poidan ser de interese. Estes ensaios realízanse desde 1999 en campos situados en catro comarcas rurais de Galicia: Sarria, Trasdeza, Ordes e A Mariña Oriental.
O vindeiro luns estarán dispoñibles este e outros contidos relacionados co millo no número 51 da revista Vaca Pinta.