Recoñecementos de Fefriga aos mellores criadores de Galicia en 2018

Recoñecementos de Fefriga aos mellores criadores de Galicia en 2018

A Federación Frisona Galega (Fefriga) concede cada ano as mencións honoríficas ao labor dos mellores criadores de Galicia co fin de promover o sector e renderlles homenaxe polo seu esforzo, dedicación e profesionalidade tomando como base os criterios de produción, ICO e cualificación morfolóxica.

A Cooperativa Agraria Provincial (Miño) encabeza a lista das mellores explotacións por produción; Tío Andrés (Sarria), a de mellor explotación de Galicia por ICO de 17 a 75 reprodutoras; San Rián SCG (Brión), a listaxe de mellor explotación de Galicia por ICO de máis de 75 reprodutoras, e Mantoño Holstein (Barreiros) lidera a de mellores explotacións por cualificación morfolóxica.

Entre os animais máis produtores, Dana Mogul Danesa, de Pena Guisande (O Páramo), logrou ser a primeiriza máis produtora; Novoa Gerard Rocio, da gandería Novoa (Taboada) foi a vaca con máis produción e Eugenia, de Casa Marrote (A Pastoriza), conseguiu o premio como mellor produción vitalicia.

Consulta as listaxes completas nesta ligazón