Seragro lanza un vídeo conmemorativo das súas Xornadas Técnicas

Hoxe terían que haber dado comezo as XVIII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro na Facultade de Veterinaria de Lugo, o seu escenario habitual desde a primeira edición, pero a crise sanitaria da covid-19 impediu que este ano o auditorio da Facultade se enchese de novo e que as xornadas puidesen cumprir a súa maioría de idade.

Estas circunstancias animaron a Seragro a facer un vídeo conmemorativo do que deron de si ao longo dos anos estes encontros formativos e sociais, dirixidos tanto a gandeiros como a técnicos e demais profesionais do sector do vacún leiteiro, coa esperanza de que en 2021 se poidan celebrar as XVIII Xornadas no seu formato habitual. Que así sexa!