O vindeiro domingo 30 de marzo, en colaboración co Concello de Boimorto, Africor Coruña celebra a súa IX Poxa de Gando Frisón no municipio coruñés. A poxa, que se leva a cabo no marco da Feira de Maquinaria Agrícola e Produtos Ecolóxicos (Magreco), comezará ás 12:00 do mediodía e poñeranse á venda 15 lotes de animais.
Xa tedes á vosa disposición a edición Edición dixital do catálogo.