Cada número da revista Vaca Pinta conta cunha tiraxe media de 17.251 exemplares que se distribúen por toda a xeografía española e parte de Portugal, unha cifra que certificamos de maneira oficial por segundo ano consecutivo grazas ao control levado a cabo pola empresa Información y Control de Publicacións SA, encargada de realizar as auditorías de audiencia OJD, para medios de pago, e PGD, para medios gratuítos.
Só dúas revistas do noso sector posúen esta certificación e unha delas é Vaca Pinta. Así o podes consultar buscando polo nome da publicación na web https://www.ojd.es/buscador/#
Deixamos á túa disposición o informe anual PGD de Vaca Pinta correspondente ao ano 2019