Veterinaria acolle mañá a Xornada Africor Lugo-Vaca Pinta

Veterinaria acolle mañá a Xornada Africor Lugo-Vaca Pinta

O auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo acollerá mañá, martes 25 de febreiro, unha nova edición da Xornada Africor Lugo-Vaca Pinta. Entre os temas clave, analizarase o uso práctico da identificación electrónica, a aplicación das probas xenómicas en Cataluña e as técnicas desenvolvidas polo Ligal para combater a mastite. Tamén se actualizarán os avances nos ensaios de millo forraxeiro en Galicia e Asturias, fundamentais para optimizar a alimentación do gando.

O programa inclúe relatorios con expertos do sector, unha mesa redonda sobre os desafíos veterinarios e unha quenda de preguntas conxunta para o intercambio de opinións entre asistentes e oradores.

10.30 h | Técnicas dispoñibles no Ligal para a loita contra a mamite

Belén Pombo (Ligal)

11.15 h | Xestión financeira eficiente

Jesús Combarro (Abanca)

11.30 h | Pausa para o café

12.00h | Utilización das probas xenómicas en Cataluña. Aplicación práctica en Agropecuaria Can Barrina SL

Rita Casals (FEFRIC) e Eduard Vila (xerente da granxa)

12.45 h | Todo comeza cunha conexión: usos prácticos da identificación electrónica en granxa

Carlos Carbonell (MSD Animal Health)

13.30 h | Mesa redonda e quenda de preguntas

14.00 h | Xantar

15.30 h | Mesa redonda: desafíos dos veterinarios nas granxas, presente e futuro

Fermín Rico (Centro Veterinario Meira)

Román González (SAT Prolesa)

Roi Capón (Cooperativa Aira)

Juan Rodríguez (Xunta de Galicia)

Moderador: Ramiro Fouz

16.30 h | Ensaios de millo forraxeiro en Galicia e Asturias

María Bande (CIAM) e Adela Martínez (Principado de Asturias)