Aposta de Medio Rural polos procesos de unión do sector lácteo

Aposta de Medio Rural polos procesos de unión do sector lácteo

O conselleiro do Medio Rural, José González, trasladou esta tarde aos responsables de Aira e Cusoviame o apoio da Xunta ao movemento cooperativo agrario galego en xeral e, de maneira máis concreta, aos procesos de agrupación no sector leiteiro nunha reunión mantida con representantes de ambas cooperativas en vésperas das asembleas nas que os seus máis de 3.000 socios decidirán sobre a súa posible fusión.

José González lembrou neste encontro a importancia da unión dos agricultores e gandeiros arredor de proxectos como este, sobre todo para mellorar a súa posición dentro da cadea de valor do leite.