Dúas mesas redondas para pechar o II Forum Bayer de Vacún

Dúas mesas redondas para pechar o II Forum Bayer de Vacún

Este mediodía Bayer deu por finalizada a segunda edición do seu foro sobre o vacún de leite, que se estivo celebrando na Coruña dende o mércores.

Durante a xornada de hoxe desenvolvéronse dúas mesas redondas. Na primeira delas, moderada polo xornalista César Marcos, interviñeron Juan Raúl Vázquez (Bayer), Antoni Ferro (Techmix), Fransciso Sesto (Seragro), Eva Mainau (FAWEC) e Joaquín Lorenzo (Leche Pascual). Na segunda, tamén a cargo de Marcos e con mesmos interlocutores, falouse das esixencias e motivacións do consumidor, así como do presente e o futuro deste sector.