O DECRETO DOS XURROS

Entrevistamos a Ángeles Vázquez, conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia

Entrevistamos a Ángeles Vázquez, conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia

España superou o teito de emisións de amoníaco que ten asignado no marco da normativa comunitaria sobre calidade de aire e a Comisión Europea alertou ao goberno deste problema. A resposta do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente non tardou en chegar e, alegando que o 76 % das emisións teñen a súa orixe na xestión de estercos e xurros, optou pola creación e publicación do Real Decreto 980/2017 (BOE-A-2017-12981) polo que dende o 1 de xaneiro deste ano os gandeiros que queiran ser beneficiarios das axudas da Política Agrícola Común (PAC) non poderán espallar os xurros mediante cisternas con sistemas de abano, prato ou canón.  

No entanto, todas as Comunidades Autónomas podían establecer para este ano 2018 certas excepcións á norma atendendo ás características específicas das súas superficies afectadas e ao malestar causado no sector por obrigar aos produtores a afrontar grandes inversións.

Tanto é así que a Consellería do Medio Rural fixo pública no mes de marzo a súa postura e as excepciones que serían efectivas para os gandeiros galegos. A conselleira Ángeles Vázquez cóntannos nesta entrevista todos os detalles.

Entrevista en revista Vaca Pinta 2