Estes foron os outros premiados do concurso de Pozoblanco

Estes foron os outros premiados do concurso de Pozoblanco

En paralelo ao II Concurso Rexional de Andalucía de Raza Frisona, a organización do certame ofreceu outras dúas actividades pensadas para estimular a participación do público.

Por unha banda, desenvolveuse un concurso de fotografía desde as bancadas. A foto gañadora (sobre estas liñas), enviada por Antonio Jesús Donas (Pozoblanco), será a imaxe do cartel do III Rexional de Raza Frisona da próxima Feira Agrogandeira dos Pedroches.

Doutra banda, habilitouse un blog desde o que os espectadores do concurso puideron votar a tempo real polos seus animais favoritos. De entre todos os participantes, a que alcanzou un maior número de acertos con respecto ao xuíz e resultou, polo tanto, gañadora, foi Silvia Gayoso (Lugo).