A Oficina Agraria Comarcal de Lugo, en colaboración coa asociación Agromuralla, organiza a xornada técnica Medidas de adaptación á normativa de xurros e estercos.
O encontro terá lugar o luns 26 de novembro ás 16:00 h no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.
Fernando López, xefe de servizo do FOGGA en Lugo, abordará a charla titulada `A normativa reguladora da condicionalidade da PAC´ e José Pérez, xefe de vendas de Millares Torrón, explicará a maquinaria adaptada ao cumprimento da xestión dos xurros.
Todos aqueles interesados deben presentar as súas solicitudes de inscrición na OAC de Lugo antes das 14:00 h do día 26 de novembro, por fax (982 294 937) ou por correo (xbruna@xunta.es).