A xestión de xurros centrará unha mesa redonda nas Xornadas Técnicas de Seragro

Juan Camilo Gómez, coordinador das XVI Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro, avanza neste vídeo quenes serán os técnicos e representantes das administracións públicas que debaterán sobre o uso actual e os condicionantes no futuro dos xurros en Galicia.

Esta mesa redonda está programada para as 16.45 horas do xoves 8 de novembro no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo.