O conselleiro do Medio Rural, José González, fíxo este anuncio durante unha visita que realizou ás instalacións do Ligal, situado na localidade coruñesa de Abegondo.
O titular de Medio Rural puxo en valor a colaboración entre a consellería e o Ligal en materia de control leiteiro. Unha cooperación que se materializa nunha achega de 1,8 millóns de euros por parte do Goberno galego para financiar no período 2017-2020 a realización das análises de mostras procedentes do control leiteiro por parte deste laboratorio interprofesional. Destacou que, grazas a estas achegas, será posible procesar case un millón e medio de mostras anuais, o que redundará en beneficio do sector lácteo galego.
Trátase, segundo explicou o conselleiro, de impulsar o programa de mellora xenética de frisón, para poñer a disposición dos gandeiros galegos material xenético de alta calidade producido en Galicia, co fin de obter animais máis selectos e eficientes na produción de leite e, deste xeito, mellorar a súa competitividade.