A Consellería do Medio Rural publica hoxe noDiario Oficial de Galicia (DOG) a orde pola que se regula o emprego de maquinaria agrícola durante o período de alto risco de incendio (do 1 de xullo ao 30 de setembro), e para o caso de cando o IRDI sexa moi alto ou extremo.A través desta orde concrétase e desenvólvese a normativa autonómica e estatal actual e búscase facilitar os traballos que sexa necesario seguir levando a cabo durante esta época, ao mesmo tempo que se achega maior seguridade e prevención nos mesmos ás persoas que empregan esta maquinaria.
Deste xeito, permítese a realización de actividades de carácter preventivo, silvícola ou agrícola que requiran a utilización de maquinaria dentro dos terreos forestais e as súas zonas de influencia, nos termos e coas recomendacións establecidos na actualización doPladiga2026, que detalla unha serie de recomendacións no capítulo do plan preventivo. A maiores, no caso de ter que desenvolver estes traballos na franxa horaria entre as 12.00 e as 18.00 horas, será preciso ter en conta dúas indicacións.
En primeiro lugar, haberá que contar cunha persoa que poida exercer de observador para que, en caso de detectar algún posible conato, dea aviso de xeito inmediato aos servizos de emerxencia a través das canles telefónicas do 085 e o 112, ou mediante a aplicación móbil de ALume. En segundo lugar, tamén terán que dispoñer dun depósito de auga cunha capacidade mínima de 400 litros, un extintor de escuma con base de auga de polo menos seis quilogramos, dousbatelumes e unha mochila extintora cunha capacidade mínima de 15 litros.