O próximo martes 9 de abril celebraránse en Mouriscade as II Xornadas Técnicas de Ensilado de Millo.
A primeira exposición comezará ás 10.00 horas e correrá a cargo de María Hermida (xefa de servizo de Finca Mouriscade). A continuación, intervirán Arturo Castaño e Julio Vázquez (Claas Ibérica), Rafael Eraso e Gustavo García (Limagrain Ibérica) e Sergio Calsamiglia (UAB). Antes do peche da xornada, terá lugar unha mesa redonda.