Pontevedra podería ser declarada zona libre de tuberculose bovina

Pontevedra podería ser declarada zona libre de tuberculose bovina

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, anunciou a intención da consellería de solicitar ante a Unión Europea a declaración de Pontevedra como provincia oficialmente libre de tuberculose bovina.

Pontevedra cumpre xa seis anos cunha porcentaxe de rabaños bovinos con infeccións confirmadas que non supera o 0,1 %. Ademais, o 99,9 % dos rabaños conseguiron xa o seu status de oficialmente indemnes de tuberculoses, polo que cumpren cos requisitos da normativa comunitaria, na que se especifica a obrigatoriedade de manter durante polo menos 3 anos con estas condicións.

A comunidade galega xa é desde o ano 2013 unha rexión oficialmente indemne de brucelose bovina e caprúa e, desde o pasado mes de outubro, tamén ten esta categoría na cabana bovina.

Máis información na nota de prensa