O veterinario e colaborador habitual de Vaca Pinta Joaquim Baucells recibirá este venres 14 de xuño o Premio Vets á Produción Gandeira outorgado polo Colexio Oficial de Veterinarios de Barcelona.
Este galardón de nova creación recoñece o labor de persoas, institucións e empresas que promoven a calidade no sector veterinario e este ano distinguirá, ademais de a Baucells, a profesionais especializados en pequenos animais e en bromatoloxía.
“É unha honra e, por suposto, agradécese moito que colegas de profesión te premien cun recoñecemento así”, afirmou o catalán, quen ademais destacou o excelente labor dos veterinarios de Barcelona, unha provincia na que, se bien sufriu unha redución da cabaa bovina leiteira, segue contando cun destacado grupo de profesionais.