O animal sobre estas liñas, Rey 747 July High Octane, propiedade da gandería Rey de Miñotelo (A Pastoriza), acaba de ser elixida polo xuíz Santiago García Souto como vaca gran campiona do 33.º Concurso de Gando Frisón Moexmu 2019.
Trátase dunha vaca nova que hai pouco máis dun mes xa se fixo co gran campionato de vacas en Gandagro 2019.