Torre Doorman Dorotea, da gandería Torre Den Quart (Ciutadella), impúxose entre as cerca de cen xatas e xovencas participantes no concurso de gando frisón que está tendo lugar esta fin de semana no municipio de Alaior, na illa balear de Menorca. A decisión foi tomada polo xuíz galego Santiago García Souto, que valorará esta tarde as seccións de vacas.