O Boletín Oficial do Estado publicou hoxe unha Orde do Ministerio de Facenda pola que se reducen para o período impositivo 2018 os módulos agrarios para os agricultores e gandeiros que sufrisen no devandito exercicio circunstancias excepcionalmente desfavorables nas súas explotacións.
Desta forma, a redución establecida con carácter nacional para os gandeiros de bovino de leite pasa de 0,20 a 0,18.
Tamén se fixaron reducións para o sector dos cítricos e da apicultura, de 0,26 a 0,18.
Xunto ás reducións para os sectores agrícola e gandeiro, recollidas no BOE de hoxe, segue vixente a Orde HAP/2222/2014, de 27 de novembro, pola que os agricultores que utilicen electricidade para a rega poden seguir aplicando o mesmo coeficiente corrector sobre o rendemento neto dos cultivos regados e que supón unha redución dun 20 % do mesmo.