Vaca Pinta, galardoada co premio a Mellor Medio de Comunicación en Pozoblanco

Vaca Pinta, galardoada co premio a Mellor Medio de Comunicación en Pozoblanco

O premio foi outorgado no marco da Feira Agrogandeira Valle de los Pedroches que tivo lugar a semana pasada en Pozoblanco (Córdoba), durante a celebración do II Concurso Rexional da Raza Frisona de Andalucía. 

Esta fin de semana, o equipo de Vaca Pinta recibiu en Pozoblanco un bonito agasallo: a organización da Feira Agrogandeira Valle de los Pedroches premiou a esta revista como Mellor Medio de Comunicación do certame!

Xa de volta en casa, queremos reiterar o noso máis sincero agradecemento por este recoñecemento, que nos entregaron durante a celebración do II Concurso Rexional da Raza Frisona de Andalucía Santiago Cabelo, alcalde de Pozoblanco, e Ricardo Delgado, presidente da Covap. Grazas en especial a Santiago e Ismael Herruzo, a quen xa consideramos un membro máis deste equipo, así como a Loreto Pardo e Patxi González.

Se nolo permitides, querémosvos dedicar o premio a todos vós, gandeiros e gandeiras que estades ao outro lado, así como a moitos amigos, familia e, como non, empresas e colaboradores que apoiastes e confiastes neste proxecto que esperamos nos siga traendo moitas máis alegrías. Grazas!