A revista Vaca Pinta lánzase ao mercado para converterse na referencia do sector do vacún leiteiro. O primeiro número conta cun especial sobre ensilado de herba e diferentes artigos técnicos encadrados nas seccións de alimentación, agricultura, manexo e saúde animal. Ademais falamos con Joaquín Ranz, presidente de Anembe, e Javier Bueno, vicerreitor de Coordinación do Campus Terra de Lugo, e viaxamos ata Italia para dar cobertura ao European Open Holstein Show, celebrado en Verona.
O "Especial: Ensilado de herba" inclúe un espazo dedicado ás aplicacións analíticas avanzadas para a predición do valor proteico dos silos de herba e outro sobre a influencia da utilización dos inoculantes para os ensilados de primavera.
Neste número 1 de Vaca Pinta a explotación protagonista é Pena Guisande, do Páramo (Lugo), coñecida por ser a gran protagonista das subastas galegas más recentes.
INTERNACIONAL
Conocemos a situación do sector no Canadá a ollos dun galego, Avelino Souto, e visitamos a explotación de Óscar e Roberto Ponte na illa de San Miguel, nos Azores.
MANEXO
No apartado de "Manexo" publicamos un estudo de Javier Liste, veterinario de Seragro SCG, sobre o o comportamento das vacas dentro da granxa, como se relaciona co resto dos animais e como percibe ao persoal que a trata, co obxectivo de que os gandeiros se adapten ao seu ritmo e alcancen a máxima productividade. José Manuel Pereira, do Departamento de Enxeñería Agroforestal da USC, avalía ademais o funcionamento das máquinas de muxido en condicións reais.
SAÚDE ANIMAL
Vaca Pinta 1 recolle as propostas de José Luís Míguez, veterinario de Seragro SCG, para diminuír a taxa de novas infeccións e mellorar o reconto celular e os resultados de diversos estudos sobre as orixes e as causas das patoloxías máis comúns nas explotacións, recollidos por Juan Cainzos, de Elanco.
ACTUALIDADE E OPINIÓN
Este primeiro número inclúe tamén unha sección de "Actualidade" na que se comparten novas como a entrega do XVIII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, o acto de celebración dos 50 anos de Central Lechera Asturiana ou a presentación da estratexia de futuro da cooperativa galega Aira.
Finalmente, Vaca Pinta 1 conta con firmas como as de Carlos Buxadé, Quim Baucells, Francisco Sineiro, Emilio de León, Xoán Ramón Alvite ou Manuel Cruz.