Co inicio da campaña de recollida do millo, poñemos en marcha un ano máis o noso concurso fotográfico “Outra Vaca no Millo”, que en 2026 alcanza a súa oitava edición. O premio para a fotografía gañadora estará composto polo trofeo Vaca Pinta, un lote de produtos de Vaca Shop e sementes de Syngenta para 2 ha de millo e 2 ha de cebada híbrida.
O concurso está aberto a todo o mundo e cada persoa poderá enviar un máximo de 6 fotografías. O prazo de participación comezará o luns 31 de agosto e permanecerá aberto ata o venres 2 de outubro ás 13:00 horas.
Ao igual que na pasada edición, as imaxes poderán enviarse exclusivamente vía WhatsApp, escribindo ao 610 52 90 06 ou accedendo directamente a través desta ligazón.
Non se aceptarán fotografías que xa participasen en edicións anteriores do concurso.
O noso equipo irá publicando as imaxes recibidas nun álbum de Facebook. A efectos do concurso, cada like recibido en Facebook contabilizarase coma un voto. Os seguidores poderán votar desde o momento da súa publicación e ata o luns 19 de outubro ás 14:00 horas. Ese mesmo día realizaremos o reconto de votos e anunciaremos o nome do autor ou autora da fotografía gañadora.
DÚBIDAS FRECUENTES
- Só contarán os Gústame das fotos subidas directamente ao álbum do concurso no noso Facebook. Os participantes poderán compartir a súa foto nos seus perfís, pero os likes en publicacións externas non se sumarán.
- Desde Vaca Pinta reservámonos o dereito a non publicar imaxes que non se adecúen á temática do concurso e a seleccionar que imaxes publicar se unha persoa envía varias moi similares. Lembrade: podedes mandar ata 6 fotos para ter máis opcións, non malgastedes a oportunidade enviando a mesma imaxe desde diferentes ángulos.
- Gañará a fotografía que máis likes reciba, non o autor que acumule máis interaccións entre todas as súas fotos.